PDF
Imprimir
E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 

bandera espa   bandera inglaterra

- Sala 2 -

      Adicada aos orixes do priorado de Sar, finalidade para a que cobra unha especial importancia o diploma fundacional de 1136, que expresa o consentimento do Arcebispo Xelmírez para a construción da Igrexa románica e das dependencias monacais, como proposta de Munio Afonso. Ao mesmo tempo, son moitos os documentos que se mostran nesta habitación en relación coas sucesivas doazóns e inmunidades recibidas pola Comunidade agostiña, contribucións que foron claves para o fortalecemento económico; facendo fincapé no privilexio outorgado polo Rei Henrique IV (1471), que confirma a inmunidade do Priorado de Santa María de Sar ao tributo Real “el yantar del Rey”, ao igual que fixeron Henrique III e Xoán II.

      As causas que contribuíron ao progresivo engrandecemento de Sar aparece, ao mesmo tempo, as sucesivas anexións de varios cenobios rurais -que esta sala corresponde, grazas á conservación de diferentes manuscritos do período.

      Estes documentos no seu conxunto mestúranse neste espazo con algúns elementos arquitectónicos pertencentes ao Claustro do século XIII -case desaparecido na súa totalidade-. Neste sentido, a coidadosa selección de capiteis, bases e outras pezas axudan a reconstruír imaxinariamente o aspecto estético desta interesante parte da construción medieval.

      A presenza dos agostiños no Camiño de Santiago e a súa dedicación hospitalaria teñen cabida nesta sala cunha estatua de madeira policromada de San Roque de Montpellier (que data do século XVIII), Santo cunha gran devoción en Galicia e que é representado como un peregrino. Esta é a principal peza barroca da habitación onde predomina o medieval.