PDF
Imprimir
E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 

bandera espa   bandera inglaterra

museo3 p 

O Museo -


    Fundado en 1975, o Museo está localizado no edificio anexo á Colexiata. Nel hai varias pezas históricas e documentos da historia da Colexiata, como o pergamiño fundacional de 1136, firmado polo primeiro Arcebispo de Compostela, Diego Xelmírez; pezas arqueolóxicas do antigo Claustro románico, feito polo Mestre Mateo e os seus continuadores; obxectos litúrxicos e pezas de ourivaría procedentes do Priorado de Sar, datadas do século XVIII; etc.

    A visita ao Museo está deseñada nunha ruta de cinco salas, onde o visitante pode observar un enorme repertorio de pezas que, seguindo unha ordeada liña argumental, ofrece un carácter didáctico e instrutivo sobre a historia desta Comunidade agostiña dende a súa fundación como Priorado, a súa transformación en Colexiata e, finalmente, como Parroquia da Arquidiocese de Santiago.